Texto por Charo B. Crespo
porqué temos dereito a acceder a TODA a información de augas con un “click”, e cál é a información da que estamos a falar

Fotografía “Grifo mágico”, 2006, por Emijrp, CC3
A normativa de augas comunitaria e estatal establece a obriga, por parte das administracións xestoras das augas, de proporcionar acceso público á información referente a hidroloxía e calidade das augas, autorizacións, etc, así como de fomentar a participación pública activa nos procedimentos de xestión. O acceso á información está íntimamente ligado á participación pública, sen información non pode haber participación real.
Este dereito basea os seus pilares na normativa de acceso a información ambiental derivada do convenio Arrhus.
Paralelamente, as directivas europeas de infraestructura de datos, como Inspire ou a de datos abertos, introducen unha maior precisión e clarificación verso os requisitos que debe cumplir esta información para a súa accesibilidade, interoperabilidade e reutilización.
Así, as normas sucesivas e as revisións das normas levan a modernizan os criterios, e definen cómo se deben ofrecer os servizos de información pública, incluindo á ambiental e de augas, conforme aos avances en dixitalización. Quedan definidos servizos dixitais de información que deben seren adoptados polas administracions progresivamente. Por isto as normas mais antigas, hai que interpretalas en combinación coas normas máis modernas referentes aos servizos de datos dixitales, que xa inclúen requisitos claros de apertura, actualización, descargas etc.
A continuación, preséntase un resumo dos artigos legais de aplicación.
Para ver resumo da normativa de acceso á información ambiental en xeral
Normativa de acceso á información ambiental en xeral
A Directiva 2003/4/CE de acceso á información medioambiental, no seu artigo 7, establece a obriga de que as autoridades organicen e actualicen a información sobre o medio ambiente, para a súa difusión activa e sistemática cara ao público, por medio das tecnoloxías informáticas dispoñibles.
A Lei 27/2006, de 18 de xullo, que incorpora as Directivas 2003/4/CE y 2003/35/CE, co Convenio de Aarhus como pilar, no seu artigo 3, “Dereitos en materia de medio ambiente”, establece o dereito de todos a acceder á información ambiental que estea nas mans das autoridades públicas, e a participar nos procedementos administrativos de control de contaminación, impacto ambiental, e planificación hidrolóxica.
A LEI 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, da Comunidade Autónoma de Galicia, no seu Artigo 18. Información sobre ordenación de territorio e ambiente, refírese á publicación da “información ambiental que se debe facer pública de conformidade coa normativa vixente, incluíndo, en todo caso, a relativa á calidade das augas continentais e mariñas”, o cal non engade ningún requisito particular dentro da comunidade galega. O portal web GAIA https://gaia.xunta.es centraliza o acceso á información ambiental galega.
Servizos de información dixital referidos as augas
A Directiva 2007/2/CE, da infraestructura de información espacial, Inspire, no seu artigo 11, establece que os servizos de datos públicos deben seren doados de utilizar e con acceso público, vía internet ou outras formas de telecomunicación. Os datos espaciais aos que se refiren inclúen:
- hidrografía
- instalacións de redes de sumidoiros e saneamento de augas,
- instalacións de suministro de augas,
- ubicación e funcionamiento (esto é, as medidas e observacións que fan) das instalacións de observación do medio ambiente.
- Instalacións de extracción de augas
- condicións físicas de mares e augas salinas, por rexions e subrexions.
Inspire foi transposto ao dereito estatal español pola Lei 14/2010, a cal precisa que os servizos de datos públicos deben cumplir o artigo 4 da lei 11/2007, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, no cal precisa o principio de transparencia e publicidad, máxima difusión, publicidade e transparencia das actuacións administrativas.
A Directiva 2019/1024, de datos abertos, obriga aos Estados membros a facilitar a reutilización da información do sector público, incluindo específicamente os datos ambientais “de alto valor” de xeito aberto y, xeralmente, gratuito. Os conxuntos de datos medioambientales de alto valor quedan descritos no Regulamento de Execución (UE) 2023/138. Ademais de incluir neles a lista dos datos ambientais espaciais xa mencionados en Inspire, enumera os actos xurídicos que establecen as variables a ter en conta, dos cales os seguintos son os referidos as augas:
- Art 15 á 17 Dir 91/271/CEE de tratamento de augas residuales urbans.
- verificación cumplimiento requisitos de control de vertidos
- cantidades e composición de lodos vertidos en augas superficiais
- control das augas afectadas polos vertidos de augas ou lodos
- Art 13 (nota: semella un erro por art 12) Dir 2006/7/CE de augas de baño.
- lista augas de baño
- clasificación 3 últimos anos, incluindo resultado último
- se a calidad falla, causas de contaminación, medidas adoptadas
- Art. 5,8,11,13,15 Dir 2000/60/CE de augas
- Características demarcación (art. 5)
- características da demarcación hidrográxica
- repercusions das actividades humans no estado das augas
- análise económico do uso da auga
- Seguimento estado (Art. 8)
- superficiais: seguimento volumen e fluxo
- superficiais: seguimento estado ecolóxico e químico e potencial ecolóxico
- subterráneas: estado químico e cuantitativo
- zonas protexidas: especificaciones según normativa aplicable
- Programas de medidas (Art. 11 )
- Planos hidrolóxicos (Art. 13 )
- Características demarcación (art. 5)
- Art. 3-6 Dir 2006/118/EC protección das augas subterráneas
- Art. 5 Dir 2008/105/CD normas calidade ambiental das augas
- inventario de emisiones, vertidos y pérdidas sustancias prioritarias e contaminantes
- Art. 17 e 18 Dir. 2020/2184/UE augas consumo humano
- Información ao público accesible en liña (Art.17, Anexo IV)
- identificación subministrador, zona e número de persoas atendidas, método de producción, tipos de tratamento e desinfección
- resultados controles
- información perigo potencial saúde se non se están a cumprir parámetros
- evaluación de riscos
- asesoramiento consumidores ahorro, uso responsable, evitación riscos
- sistemas >50.000 persoas:
- rendimento sistema, eficiencia, fugas
- propiedade do subministro de auga
- estrutura da tarifa de auga
- resumo e estadísticas de reclamacions consumidores
- Información aos usuarios subministrados nas facturas ou enviada periódicamente por aplicacións dixitais
- calidade das augas con parámetros indicadores
- prezo da auga subministrada por litro e metro cúbico
- volumen consumido polo fogar, tendencias anuais
- comparación volumen consumido e consumo medio por fogar
- enlace web á información en liña (Anexo IV)
- Seguimento de aplicación (Art. 18)
- medidas para mellora de acceso as augas de consumo humano
- avaliación e xestión do risco en zonas de captación
- Caso de se incumprir parámetros, resultado controles e medidas correctivas
- incidentes con risco potencial para a saúde humana
- excepciones aplicadas
- Información ao público accesible en liña (Art.17, Anexo IV)
- Art. 3 á 8 e 10 Dir. 2007/60/CE riscos de inundación
- Avaliación preliminar do risco de inundación (Art.4)
- mapas concas e subconcas, zonas costeras, topografía, usos solo
- descripción inundaciones ocurridas no pasado
- avaliación consecuencias potenciais futuras inundacions
- Zonas con risco potencial de indundación significativo (Art. 5)
- Mapas de perigosidade por inundacions (Art. 6)
- escenarios de baixa, media e alta probabilidade
- extensión inundación
- calado ou nivel das augas
- velocidade ou caudal das augas
- Mapas de risco por inundación (Art. 6)
- número de habitantes afectados
- actividade económica afectadas
- instalaciones que poidan causar contaminación accidental, zonas protexidas que poidan verse afectadas
- Planos de xestión do risco de inundación (Art. 7)
- Avaliación preliminar do risco de inundación (Art.4)
- Art. 6 á 11, 13, 14, 17 á 19, 26 e 27 Dir. 2008/56/CE Estratexia mariña
- Autoridades competentes (Art. 7)
- Avaliación rexións ou subrexións mariñas (Art. 8)
- características esenciais, estado medioambiental actual respecto indicadores fisicoquímicos, tipos de hábitats, indicadores biolóxicos e hidromorfoloxía
- análise impactos e presions no canto elementos cualitativos e cuantitativos e tendencias
- análise económico e social, coste deterioro
- Definición bo estado medioambiental basado en descriptores cualitativos (Art. 9.)
- Definición obxectivos medioamientais (Art. 10)
- Programas de seguimento (Art. 11)
- Programas de medidas (Art. 13)
- Excepciones (Art. 14)
- Actualización, cada seis anos (Art. 17)
- Informes intermedios aos tres anos (Art. 18)
- Consulta e información ao público, publicación de resumos (Art.19),
Con respecto á aplicabilidade do devandito Regulamento de Execución (UE) 2023/138 , cabe lembrar que os regulamentos son actos xurídicos directamente aplicables e obrigados en todos os seus elementos en todos os Estados membros desde a súa entrada en vigor, sen necesidade de medidas nacionais de transposición.
Normativa de augas
Todalas normas vixentes de augas ten incluida nos seus contidos a obriga de información pública por parte das administracións das augas, aínda que os avances tecnolóxicos e normativos en dixitalización están a deixar desactualizada a formulación con que se expresa esta obriga nas normas orixinais, polo que sempre deben interpretarse en combinación coas directivas Inspire, a de datos abertos, e o regulamento de datos de alto valor indicados arriba.
A Directiva Marco da Auga (2000/60/CE) establece a necesidade de recoller información sobre o estado das augas e as presións existentes, e no seu artigo 14 “Información y consulta públicas”, o dereito ao acceso aos documentos e información de referencia.
O Texto Refundido da Lei de Augas, no seu Artigo 15 “Dereito á información”, establece ó dereito de tódalas persoas á acceder á información de augas según a lei de dereito á infomación ambiental, actualmente a lei 27/2006, citada arriba.
A Ley 10/2001 do Plano Hidrolóxico Nacional, no seu Artigo33 “Información Hidrolóxia” define un rexistro oficial de datos hidrolóxicos de publicación periódica ao cal os cidadáns tendrán libre acceso.
O Real Decreto 817/2015 de criterios de seguimento e avaliación do estadodas augas superficiais e as normas de calidade ambiental, no seu artigo 30, sistema de información verso o estado e calidade das augas, di que todos os organismos implicados deben facer pública a súa información, mencionando tamén a Lei 27/2006 de acceso á información medioambiental, a e a Lei 14/2010 que transpone a directiva Inspire.
O Real Decreto 3/2023, que establece os criterios técnicos e sanitarios para a calidade da auga potable, o seu control e subministración, transpón parcialmente a Directiva 2020/2184 de augas para consumo humano, a cal, segundo o Regulamento de execución 2023/138 sobre datos abertos, contén conxuntos de datos ambientais de alto valor que, polo tanto, deben ser accesibles. O Real Decreto 3/2023 define a base de datos SINAC, centralizada polo Ministerio de Sanidade, e transpone a lista de datos de información accesible para a cidadanía, do seguinte xeito:
No portal da administración local, ou no do operador da rede de distribución.
- Información actualizada periodicamente ao longo do ano. Ou, se os datos xa están no SINAC, simplemente mostre a ligazón https://sinac.sanidad.gob.es
- Dez informes de análise de control máis recentes, cinco informes de análise completa máis recentes e de control de radioactividade
- Dureza, niveis de calcio, magnesio e potasio, polo menos unha vez cada seis meses
- Información actualizada anualmente nos primeiros 20 días de cada ano:
- Estrutura e tipo de propiedade: planta de tratamento de augas, encoros e redes, operador, designación SINAC
- Área de abastecemento, poboación atendida
- Consumo medio diario por fogar (l/hp/d)
- Procesos de tratamento de auga
- Tipo de fonte de auga
- Rendemento do sistema
- Consello ao usuario: conservación, uso responsable
- Resumo e estatísticas de reclamacións (se están dispoñibles)
- Avaliación de riscos (se está dispoñible)
- Datos sobre prezos da auga
- Frecuencia de facturación e cargos incluídos
- Ligazón ao sitio web cos prezos aprobados
- Prezo en euros/litro e euros/m³, que representa as facturas mensuais para 7 m³, 15 m³ e 30 m³
- Custos recuperados a través da fixación de prezos
- Descontos na factura para grupos vulnerables do ano anterior
- Información mínima na factura
- Período de facturación, lectura anterior, lectura actual, consumo en metros cúbicos
- Tipo de uso, número de contador, diámetro da tubaxe
- Tendencia anual do consumo doméstico, se está dispoñible
- Comparación do consumo medio dos fogares co fogar facturado
Información da administración sanitaria para os cidadáns :
- En caso de auga non potable, recomendacións sanitarias, dispoñibles no SINAC e no seu sitio web se corresponde
- No SINAC, por rexión, provincia, concello e localidade, sempre que o operador notificase:
- Dez informes de control ou análises completas máis recentes Radioactividade
- Últimos resultados de dureza, calcio, magnesio e potasio
- Fontes de auga e tratamentos de purificación
- Prezo en euros/litro e euros/m³, que representan facturas mensuais para 7 m³, 15 m³ e 30 m³
Na normativa da Comunidade Autónoma de Galicia, hai que considerar a Lei 9/2010, de augas de Galicia, que no seu artigo 3, Principios, inclúe o de “transparencia e información ao público en xeral”. Tamén, no seu artigo 25, Dereitos e obrigas das persoas usuarias da auga de uso urbano. (en principio todalas persoas usan auga de uso urbano, polo que entendemos que aplícase as persoas en xeral e sen discriminación), inclúe o dereito á “Acceder a toda a información dispoñible en materia de auga e, en particular, a referida ao estado das masas de auga de superficie ou subterráneas”






