Autor: seiadminjp

  • O dereito de acceso á información de augas

    O dereito de acceso á información de augas

    Texto por Charo B. Crespo
    porqué temos dereito a acceder a TODA a información de augas con un “click”, e cál é a información da que estamos a falar

    Fotografía “Grifo mágico”, 2006, por Emijrp, CC3

    A normativa de augas comunitaria e estatal establece a obriga, por parte das administracións xestoras das augas, de proporcionar acceso público á información referente a hidroloxía e calidade das augas, autorizacións, etc, así como de fomentar a participación pública activa nos procedimentos de xestión. O acceso á información está íntimamente ligado á participación pública, sen información non pode haber participación real.

    Este dereito basea os seus pilares na normativa de acceso a información ambiental derivada do convenio Arrhus.

    Paralelamente, as directivas europeas de infraestructura de datos, como Inspire ou a de datos abertos, introducen unha maior precisión e clarificación verso os requisitos que debe cumplir esta información para a súa accesibilidade, interoperabilidade e reutilización.

    Así, as normas sucesivas e as revisións das normas levan a modernizan os criterios, e definen cómo se deben ofrecer os servizos de información pública, incluindo á ambiental e de augas, conforme aos avances en dixitalización. Quedan definidos servizos dixitais de información que deben seren adoptados polas administracions progresivamente. Por isto as normas mais antigas, hai que interpretalas en combinación coas normas máis modernas referentes aos servizos de datos dixitales, que xa inclúen requisitos claros de apertura, actualización, descargas etc.

    A continuación, preséntase un resumo dos artigos legais de aplicación.

    Para ver resumo da normativa de acceso á información ambiental en xeral

    Normativa de acceso á información ambiental en xeral

    A Directiva 2003/4/CE de acceso á información medioambiental, no seu artigo 7, establece a obriga de que as autoridades organicen e actualicen a información sobre o medio ambiente, para a súa difusión activa e sistemática cara ao público, por medio das tecnoloxías informáticas dispoñibles.

    A Lei 27/2006, de 18 de xullo, que incorpora as Directivas 2003/4/CE y 2003/35/CE, co Convenio de Aarhus como pilar, no seu artigo 3, “Dereitos en materia de medio ambiente”, establece o dereito de todos a acceder á información ambiental que estea nas mans das autoridades públicas, e a participar nos procedementos administrativos de control de contaminación, impacto ambiental, e planificación hidrolóxica.

    A LEI 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, da Comunidade Autónoma de Galicia, no seu Artigo 18. Información sobre ordenación de territorio e ambiente, refírese á publicación da “información ambiental que se debe facer pública de conformidade coa normativa vixente, incluíndo, en todo caso, a relativa á calidade das augas continentais e mariñas”, o cal non engade ningún requisito particular dentro da comunidade galega. O portal web GAIA https://gaia.xunta.es centraliza o acceso á información ambiental galega.

    Servizos de información dixital referidos as augas

    A Directiva 2007/2/CE, da infraestructura de información espacial, Inspire, no seu artigo 11, establece que os servizos de datos públicos deben seren doados de utilizar e con acceso público, vía internet ou outras formas de telecomunicación. Os datos espaciais aos que se refiren inclúen:

    • hidrografía
    • instalacións de redes de sumidoiros e saneamento de augas,
    • instalacións de suministro de augas,
    • ubicación e funcionamiento (esto é, as medidas e observacións que fan) das instalacións de observación do medio ambiente.
    • Instalacións de extracción de augas
    • condicións físicas de mares e augas salinas, por rexions e subrexions.

    Inspire foi transposto ao dereito estatal español pola Lei 14/2010, a cal precisa que os servizos de datos públicos deben cumplir o artigo 4 da lei 11/2007, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, no cal precisa o principio de transparencia e publicidad, máxima difusión, publicidade e transparencia das actuacións administrativas.

    A Directiva 2019/1024, de datos abertos, obriga aos Estados membros a facilitar a reutilización da información do sector público, incluindo específicamente os datos ambientais “de alto valor” de xeito aberto y, xeralmente, gratuito. Os conxuntos de datos medioambientales de alto valor quedan descritos no Regulamento de Execución (UE) 2023/138. Ademais de incluir neles a lista dos datos ambientais espaciais xa mencionados en Inspire, enumera os actos xurídicos que establecen as variables a ter en conta, dos cales os seguintos son os referidos as augas:

    • Art 15 á 17 Dir 91/271/CEE de tratamento de augas residuales urbans.
      • verificación cumplimiento requisitos de control de vertidos
      • cantidades e composición de lodos vertidos en augas superficiais
      • control das augas afectadas polos vertidos de augas ou lodos
    • Art 13 (nota: semella un erro por art 12) Dir 2006/7/CE de augas de baño.
      • lista augas de baño
      • clasificación 3 últimos anos, incluindo resultado último
      • se a calidad falla, causas de contaminación, medidas adoptadas
    • Art. 5,8,11,13,15 Dir 2000/60/CE de augas
      • Características demarcación (art. 5)
        • características da demarcación hidrográxica
        • repercusions das actividades humans no estado das augas
        • análise económico do uso da auga
      • Seguimento estado (Art. 8)
        • superficiais: seguimento volumen e fluxo
        • superficiais: seguimento estado ecolóxico e químico e potencial ecolóxico
        • subterráneas: estado químico e cuantitativo
        • zonas protexidas: especificaciones según normativa aplicable
      • Programas de medidas (Art. 11 )
      • Planos hidrolóxicos (Art. 13 )
    • Art. 3-6 Dir 2006/118/EC protección das augas subterráneas
    • Art. 5 Dir 2008/105/CD normas calidade ambiental das augas
      • inventario de emisiones, vertidos y pérdidas sustancias prioritarias e contaminantes
    • Art. 17 e 18 Dir. 2020/2184/UE augas consumo humano
      • Información ao público accesible en liña (Art.17, Anexo IV)
        • identificación subministrador, zona e número de persoas atendidas, método de producción, tipos de tratamento e desinfección
        • resultados controles
        • información perigo potencial saúde se non se están a cumprir parámetros
        • evaluación de riscos
        • asesoramiento consumidores ahorro, uso responsable, evitación riscos
        • sistemas >50.000 persoas:
          • rendimento sistema, eficiencia, fugas
          • propiedade do subministro de auga
          • estrutura da tarifa de auga
          • resumo e estadísticas de reclamacions consumidores
      • Información aos usuarios subministrados nas facturas ou enviada periódicamente por aplicacións dixitais
        • calidade das augas con parámetros indicadores
        • prezo da auga subministrada por litro e metro cúbico
        • volumen consumido polo fogar, tendencias anuais
        • comparación volumen consumido e consumo medio por fogar
        • enlace web á información en liña (Anexo IV)
      • Seguimento de aplicación (Art. 18)
        • medidas para mellora de acceso as augas de consumo humano
        • avaliación e xestión do risco en zonas de captación
      • Caso de se incumprir parámetros, resultado controles e medidas correctivas
      • incidentes con risco potencial para a saúde humana
      • excepciones aplicadas
    • Art. 3 á 8 e 10 Dir. 2007/60/CE riscos de inundación
      • Avaliación preliminar do risco de inundación (Art.4)
        • mapas concas e subconcas, zonas costeras, topografía, usos solo
        • descripción inundaciones ocurridas no pasado
        • avaliación consecuencias potenciais futuras inundacions
      • Zonas con risco potencial de indundación significativo (Art. 5)
      • Mapas de perigosidade por inundacions (Art. 6)
        • escenarios de baixa, media e alta probabilidade
        • extensión inundación
        • calado ou nivel das augas
        • velocidade ou caudal das augas
      • Mapas de risco por inundación (Art. 6)
        • número de habitantes afectados
        • actividade económica afectadas
        • instalaciones que poidan causar contaminación accidental, zonas protexidas que poidan verse afectadas
      • Planos de xestión do risco de inundación (Art. 7)
    • Art. 6 á 11, 13, 14, 17 á 19, 26 e 27 Dir. 2008/56/CE Estratexia mariña
      • Autoridades competentes (Art. 7)
      • Avaliación rexións ou subrexións mariñas (Art. 8)
        • características esenciais, estado medioambiental actual respecto indicadores fisicoquímicos, tipos de hábitats, indicadores biolóxicos e hidromorfoloxía
        • análise impactos e presions no canto elementos cualitativos e cuantitativos e tendencias
        • análise económico e social, coste deterioro
      • Definición bo estado medioambiental basado en descriptores cualitativos (Art. 9.)
      • Definición obxectivos medioamientais (Art. 10)
      • Programas de seguimento (Art. 11)
      • Programas de medidas (Art. 13)
      • Excepciones (Art. 14)
      • Actualización, cada seis anos (Art. 17)
      • Informes intermedios aos tres anos (Art. 18)
      • Consulta e información ao público, publicación de resumos (Art.19),

    Con respecto á aplicabilidade do devandito Regulamento de Execución (UE) 2023/138 , cabe lembrar que os regulamentos son actos xurídicos directamente aplicables e obrigados en todos os seus elementos en todos os Estados membros desde a súa entrada en vigor, sen necesidade de medidas nacionais de transposición.

    Normativa de augas

    Todalas normas vixentes de augas ten incluida nos seus contidos a obriga de información pública por parte das administracións das augas, aínda que os avances tecnolóxicos e normativos en dixitalización están a deixar desactualizada a formulación con que se expresa esta obriga nas normas orixinais, polo que sempre deben interpretarse en combinación coas directivas Inspire, a de datos abertos, e o regulamento de datos de alto valor indicados arriba.

    A Directiva Marco da Auga (2000/60/CE) establece a necesidade de recoller información sobre o estado das augas e as presións existentes, e no seu artigo 14 “Información y consulta públicas”, o dereito ao acceso aos documentos e información de referencia.

    O Texto Refundido da Lei de Augas, no seu Artigo 15 “Dereito á información”, establece ó dereito de tódalas persoas á acceder á información de augas según a lei de dereito á infomación ambiental, actualmente a lei 27/2006, citada arriba.

    A Ley 10/2001 do Plano Hidrolóxico Nacional, no seu Artigo33 “Información Hidrolóxia” define un rexistro oficial de datos hidrolóxicos de publicación periódica ao cal os cidadáns tendrán libre acceso.

    O Real Decreto 817/2015 de criterios de seguimento e avaliación do estadodas augas superficiais e as normas de calidade ambiental, no seu artigo 30, sistema de información verso o estado e calidade das augas, di que todos os organismos implicados deben facer pública a súa información, mencionando tamén a Lei 27/2006 de acceso á información medioambiental, a e a Lei 14/2010 que transpone a directiva Inspire.

    O Real Decreto 3/2023, que establece os criterios técnicos e sanitarios para a calidade da auga potable, o seu control e subministración, transpón parcialmente a Directiva 2020/2184 de augas para consumo humano, a cal, segundo o Regulamento de execución 2023/138 sobre datos abertos, contén conxuntos de datos ambientais de alto valor que, polo tanto, deben ser accesibles. O Real Decreto 3/2023 define a base de datos SINAC, centralizada polo Ministerio de Sanidade, e transpone a lista de datos de información accesible para a cidadanía, do seguinte xeito:

    No portal da administración local, ou no do operador da rede de distribución.

    • Información actualizada periodicamente ao longo do ano. Ou, se os datos xa están no SINAC, simplemente mostre a ligazón https://sinac.sanidad.gob.es
      • Dez informes de análise de control máis recentes, cinco informes de análise completa máis recentes e de control de radioactividade
      • Dureza, niveis de calcio, magnesio e potasio, polo menos unha vez cada seis meses
    • Información actualizada anualmente nos primeiros 20 días de cada ano:
      • Estrutura e tipo de propiedade: planta de tratamento de augas, encoros e redes, operador, designación SINAC
      • Área de abastecemento, poboación atendida
      • Consumo medio diario por fogar (l/hp/d)
      • Procesos de tratamento de auga
      • Tipo de fonte de auga
      • Rendemento do sistema
      • Consello ao usuario: conservación, uso responsable
      • Resumo e estatísticas de reclamacións (se están dispoñibles)
      • Avaliación de riscos (se está dispoñible)
      • Datos sobre prezos da auga
        • Frecuencia de facturación e cargos incluídos
        • Ligazón ao sitio web cos prezos aprobados
        • Prezo en euros/litro e euros/m³, que representa as facturas mensuais para 7 m³, 15 m³ e 30 m³
        • Custos recuperados a través da fixación de prezos
        • Descontos na factura para grupos vulnerables do ano anterior
        • Información mínima na factura
        • Período de facturación, lectura anterior, lectura actual, consumo en metros cúbicos
        • Tipo de uso, número de contador, diámetro da tubaxe
        • Tendencia anual do consumo doméstico, se está dispoñible
        • Comparación do consumo medio dos fogares co fogar facturado

    Información da administración sanitaria para os cidadáns :

    • En caso de auga non potable, recomendacións sanitarias, dispoñibles no SINAC e no seu sitio web se corresponde
    • No SINAC, por rexión, provincia, concello e localidade, sempre que o operador notificase:
      • Dez informes de control ou análises completas máis recentes Radioactividade
      • Últimos resultados de dureza, calcio, magnesio e potasio
      • Fontes de auga e tratamentos de purificación
      • Prezo en euros/litro e euros/m³, que representan facturas mensuais para 7 m³, 15 m³ e 30 m³

    Na normativa da Comunidade Autónoma de Galicia, hai que considerar a Lei 9/2010, de augas de Galicia, que no seu artigo 3, Principios, inclúe o de “transparencia e información ao público en xeral”. Tamén, no seu artigo 25, Dereitos e obrigas das persoas usuarias da auga de uso urbano. (en principio todalas persoas usan auga de uso urbano, polo que entendemos que aplícase as persoas en xeral e sen discriminación), inclúe o dereito á “Acceder a toda a información dispoñible en materia de auga e, en particular, a referida ao estado das masas de auga de superficie ou subterráneas”

  • Escombro de hormigón sepultando bolos de granito

    Escombro de hormigón sepultando bolos de granito

    Minería biológica, un secreto en el fondo de las rías gallegas.

    Vista de la Ría de Arousa desde el mirador de Faro das Lúas. Fotografía captada por Lucas Shew.

    La actividad acuícola europea de mayor volumen en cuanto a biomasa se encuentra en las rías gallegas. El cultivo de mejillón en batea no ha parado de aumentar en los últimos 50 años, hasta estabilizarse en la última década. Ahora comienzan a apreciarse síntomas de declive de esta actividad marisquera. La batea implica un importante impacto paisajístico al que los gallegos nos hemos acostumbrado, siendo incluso difícil para nosotros imaginar nuestras rías sin ellas. Al menos para aquellos que nunca hemos visto una ría sin ellas.

    La estructura de la batea supone un cambio en la dinámica del agua de nuestras rías, los vientos que discurren sobre la superficie se ven obstaculizados por los cancos de eucalipto y las corrientes de agua alteradas por la presencia de las cuerdas de mejillón. El mayor impacto que produce una batea se encuentra en el fondo sobre el que se sitúa. En el bentos de nuestras rías se depositan de forma continua restos orgánicos del mejillón, conchas y pseudoheces de este animal principalmente. Estos restos alteran por completo el sustrato marino, la arena de sílice y los bolos de granito que lo conforman son sepultados por una capa de limo orgánico que crece cara la superficie. La fauna y flora del fondo de la ría se ve desplazada entonces. Quiénes hayan bajado los 15 metros que separan la superficie del fondo de una batea habrán podido observar un ecosistema marciano. La visibilidad cae en cuanto te aproximas al fondo lodoso. Un cementerio de conchas se deposita ahora sobre este sustrato carente de relieve, en el prosperan erizos y estrellas de mar.

    A principios de este siglo, el impacto de la batea comienza a tenerse en consideración. Surgen proyectos para intentar combatir la sepultura en nuestras rías. La prensa acerca la problemática a la población gallega haciendo mención de una solución, emplear los sustratos de batea para reparar suelos en tierra de actividad minera. La mina de Touro se convierte en candidata para aplicar esta idea. Sobre esta mina se han depositado los denominados tecnosuelos, constituidos principalmente por sustrato de batea, ayudan a reducir los efectos de la acidificación de los materiales de la actividad minera expuestos en superficie y forman suelo sobre el que pueda prosperar la vida. Como resultado se obtiene un suelo útil en el que se puede encontrar restos de valvas de mejillón. Este proyecto de comienzos de siglo hubiera sido un verdadero éxito dado que supone una estrategia de restauración ambiental por partida doble. Sin embargo no prosperó, la viabilidad económica del mismo supuso un problema. Resulta mucho más económico no pagar por los impactos, ni de la actividad minera ni de la producción del bivalvo.

    Mina de Touro

    Tras este fracaso, la cara oscura del mejillón se dejó de lado. Resulta incómodo mirar a aquello que no interesa, para lo cual no tienes una solución y que supone un problema al que no quieres enfrentarte. Desde entonces la capa de limo continúa aumentando, pero parece no suponer un problema, dado que lo que está bajo el agua no se ve.

    Una nueva solución gana fuerza este año y la prensa ha vuelto a sacar esta problemática a la luz. Pero esta vez, la solución no resulta tan esperanzadora, parece más bien un lavado de cara que pretende hacer ver que se está actuando. La apuesta es formar arrecifes artificiales, emplear escombros de hormigón para que fauna como el bogavante pueda cobijarse bajo las bateas. Supondría teóricamente una estrategia de recuperación de la población de bogavante europeo y de mitigación de impacto sobre el fondo de las bateas. La primera parte no la discuto, el bogavante fue desplazado del fondo cuando sus refugios se cubrieron con fango, por lo que si le devuelves el refugio tiene sentido que prospere. La segunda parte… ¿Acaso no hay ya detritívoros en el fondo de la batea? ¿Es más eficiente el bogavante procesando restos de mejillón que las estrellas o erizos de mar?

    Imagen de arrecife artificial publicada en La voz de Galicia

    Resulta incomprensible para mi que el proyecto del arrecife sea tomado con seriedad. Antes de que comenzara la sedimentación ya había un ecosistema maduro de arrecife de granito. Claramente fue sepultado, por lo que el arrecife de hormigón correrá la misma suerte. Parece ser que vale la pena retirar volumen al fondo de la ría con escombros de hormigón. ¿Es realmente el bogavante y el resto de fauna asociada tan eficiente a la hora de mitigar la sedimentación como para que valga la pena perder espacio cara superficie por el volumen ocupado por el hormigón? Aunque la prensa lo venda como un logro, es difícil de creer que esto pueda ser una solución. Al menos, han sacado nuevamente a la luz una problemática que lleva oculta desde su origen y que la mayoría de la población gallega desconoce. Solo hace falta preguntarle a cualquiera si sabe lo que hay en un fondo de batea…

  • ADEGA recibe o Premio Dragona Iberia 2025 a colectivo

    A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) recibiu o pasado sábado, 15 de novembro, en Alcalá de Henares, o Premio Dragona Iberia Colectivo 2025, concedido pola Fundación Nueva Cultura del Agua no transcurso da súa Asemblea Xeral. O presidente de ADEGA, Manolo Soto, recolleu o galardón en nome da entidade.

  • Denuncian que el Plan Hidrolóxico que prepara la Xunta deja fuera a las rías

    Alegacións presentadas por: Cofradía de Cabo,Cofradía da Pobra, Cofradía de Rianxo APM a Marxa, APM Abanqueiro, APM Vilaxoán, APM a Pobra, APM Aoirense, APM ría de Arousa, APM Illa de Arousa, APM Vilademar, OPmega, Amegrove, Fundación Nueva Cultura del Agua, Plataforma para a Defensa da Ría de Arousa, Plademar, ASMECRUZ, San Saturnino.

    KODAK Digital Still Camera

    Consulta pública dos documentos iniciais do cuarto ciclo de planificación hidrolóxica (período 2028-2033) da Demarcación Hidrográfica de Galicia Costa.


    Este Plan non debe nin pode esquecer a importancia de garantir o bó estado das augas salgadas que forman parte da Demarcación Galicia Costa xestionada por Augas de Galicia, nin os usos económicos que delas dependen. Estamos a falar da pesca, a acuicultura e o marisqueo, os cales vense afectados tanto pola calidade das augas, como polas estratexias de embalses e desembalses, asuntos que son competencia de Augas de Galicia, e teóricamente xestionados según o Plan Hidrolóxico vixente.


    Porén, no apartado dos “Obxectivos socioeconómicos ” destes documentos do futuro Plan non se considera a conservación dos recursos dos que dependen a pesca, a acuicultura e o marisqueo, cando este debería ser un obxectivo socioeconómico (e ambiental) de primeira orde. Tampouco se inclúen estes usos no apartado “Caracterización económica dos usos da auga”, a pesares da súa importancia no territorio.


    Esiximos, como é de lóxica e de xustiza, que a pesca, o marisqueo e a acuicultura sexan incluidos, recoñecidos en igualdade de condicións cos usuarios de aguas doces, e que sexan tidos en conta pola autoridade da conca hidrográfica en todas as súas decisións, e non deixalos esquecidos nun proceso de planificación que lles afecta pero que está baseado noutros usos, excluíndo os seus requisitos.


    Pola outra banda, no inventario de presións para o ciclo de xestion 2028-2033, que é de obrigatoria inclusión nestes documentos, os novos proxectos industriais e mineiros apoiados pola Xunta de Galicia, como son a macrocelulosa de Palas de Reis, e a reapertura da Mina de Touro, non están incluidos, a pesares da súa afección engadida sobre augas que xa non están en bo estado. A documentación debería explicar cómo vaise conseguir o milagre de mellorar no futuro o estado das augas aumentando grandemente as presións e as ameazas as que as queren someter. Demandamos así mesmo que no “proxecto de participación pública” incluido nestes documentos, co que se pretende cubrir a necesidade de fomentar unha participación pública activa, se abran espazos para o debate público destes proxectos.


    Finalmente, demandamos unha mellora da calidade e cantidade da información públicamente dispoñibel, falta transparencia e inversión na obtención de datos que mostren a situación real deste patrimonio público que son as augas, as doces e as salgadas.