Denuncian que el Plan Hidrolóxico que prepara la Xunta deja fuera a las rías

Alegacións presentadas por: Cofradía de Cabo,Cofradía da Pobra, Cofradía de Rianxo APM a Marxa, APM Abanqueiro, APM Vilaxoán, APM a Pobra, APM Aoirense, APM ría de Arousa, APM Illa de Arousa, APM Vilademar, OPmega, Amegrove, Fundación Nueva Cultura del Agua, Plataforma para a Defensa da Ría de Arousa, Plademar, ASMECRUZ, San Saturnino.

KODAK Digital Still Camera

Consulta pública dos documentos iniciais do cuarto ciclo de planificación hidrolóxica (período 2028-2033) da Demarcación Hidrográfica de Galicia Costa.


Este Plan non debe nin pode esquecer a importancia de garantir o bó estado das augas salgadas que forman parte da Demarcación Galicia Costa xestionada por Augas de Galicia, nin os usos económicos que delas dependen. Estamos a falar da pesca, a acuicultura e o marisqueo, os cales vense afectados tanto pola calidade das augas, como polas estratexias de embalses e desembalses, asuntos que son competencia de Augas de Galicia, e teóricamente xestionados según o Plan Hidrolóxico vixente.


Porén, no apartado dos “Obxectivos socioeconómicos ” destes documentos do futuro Plan non se considera a conservación dos recursos dos que dependen a pesca, a acuicultura e o marisqueo, cando este debería ser un obxectivo socioeconómico (e ambiental) de primeira orde. Tampouco se inclúen estes usos no apartado “Caracterización económica dos usos da auga”, a pesares da súa importancia no territorio.


Esiximos, como é de lóxica e de xustiza, que a pesca, o marisqueo e a acuicultura sexan incluidos, recoñecidos en igualdade de condicións cos usuarios de aguas doces, e que sexan tidos en conta pola autoridade da conca hidrográfica en todas as súas decisións, e non deixalos esquecidos nun proceso de planificación que lles afecta pero que está baseado noutros usos, excluíndo os seus requisitos.


Pola outra banda, no inventario de presións para o ciclo de xestion 2028-2033, que é de obrigatoria inclusión nestes documentos, os novos proxectos industriais e mineiros apoiados pola Xunta de Galicia, como son a macrocelulosa de Palas de Reis, e a reapertura da Mina de Touro, non están incluidos, a pesares da súa afección engadida sobre augas que xa non están en bo estado. A documentación debería explicar cómo vaise conseguir o milagre de mellorar no futuro o estado das augas aumentando grandemente as presións e as ameazas as que as queren someter. Demandamos así mesmo que no “proxecto de participación pública” incluido nestes documentos, co que se pretende cubrir a necesidade de fomentar unha participación pública activa, se abran espazos para o debate público destes proxectos.


Finalmente, demandamos unha mellora da calidade e cantidade da información públicamente dispoñibel, falta transparencia e inversión na obtención de datos que mostren a situación real deste patrimonio público que son as augas, as doces e as salgadas.

Comentarios

Deixar un comentario